A Libraría As Lendas do Gato, en Mugardos, acollerá o sábado 20 de xuño ás 11:30 horas a actividade “Mapeando o eclipse”, unha xornada de iniciación á cartografía pensada para achegar á rapazada ao mundo dos mapas e da representación do territorio dun xeito práctico e participativo. A iniciativa está organizada pola Comunidade O Zulo e pola propia libraría.

Durante a actividade, as persoas participantes aprenderán conceptos básicos de cartografía e colaborarán na creación dun mapa libre para seguir o eclipse desde Mugardos e a súa contorna. A proposta está dirixida a nenos e nenas de 9 anos en diante, combinando aprendizaxe, tecnoloxía, territorio e divulgación científica.

O evento será de balde, aínda que será necesaria inscrición previa en www.comunidadeozulo.org