Con motivo da conmemoración do Día da Saúde Mental, a Libraría «As Lendas do Gato», en colaboración con «Son Radio Fusión»e a «Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega» de O Seixo organiza a presentación da novela Madriña, nun encontro co seu autor, Antonio Tizón.
A actividade enmárcase na celebración desta xornada pola estreita vinculación do autor coa saúde mental e polo seu compromiso coa accesibilidade da literatura para todas as persoas.
O acto celebrarase o venres 9 de outubro, ás 19:00 horas, no Casino de O Seixo.