| Información | |
|---|---|
| Título | Bigote de tres pelos |
| Autor | Rita Doallo |
| ISBN | 9788412559385 |
| Idioma | Galego |
«Bigote de tres pelos» é un conto para cativos que relata as esixencias dos tres pelos do avó Luis. Están aburridos e descontentos pola pouca actividade que hai na vida do bigote do avó. Os tres pelos (Neve, Mino e Faísca) queren saír á rúa, queren lavarse e facer moitas máis cousas.
Cunha historia moi divertida e unhas ilustracións moi potentes, este libro ofrécenos un intre para compartir entre pais, nais, avós e avoas cos nenos.




