Category:
Información
Título Santiago
Autor Francisco Narla
ISBN 9791399230963
Idioma Galego

Hoxe presentámosvos a última entrega da triloxía que Francisco Narla dedica a Santiago de Compostela. Despois de Ultreia e Suseia, temos a última parte, titulada Santiago.
Unha obra ambientada a finais do século XVI, xusto despois da derrota da «Armada Invencible» na Canle da Mancha. Nese momento, Filipe II, que reina desde O Escorial, centra a súa atención nas reliquias do Apóstolo.
O arcebispo de Santiago terá que tomar unha difícil decisión: cederlle as reliquias a Filipe II ou expoñerse a que Drake as expolie por orde da raíña Isabel I. Unha apaixonante historia que mestura loita, celos, tramas políticas e amor.

Share This