Este sábado 28 de marzo, ás18.00h virán os nosos amigos da editorial Dornavela a presentar o seu xogo, Mitogali. Primeiro xogo de rol enteiramente galego. Meigas, mouras, tardos, nubeiros, lamias, urcos, pupieiriñas… son parte das personaxes que poboan o noso rico patrimonio cultural de seres mitolóxicos, seres que pouco a pouco se están a perder na memoria colectiva, que pouco a pouco imos esquecendo por descoñecemento.
Se queres coñecer a eses seres que comparten o territorio, a vida, a morte con nós, reserva a túa praza por wathsApp o chamando ao 633466293.